Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ACORDO do 20 de maio de 2024, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial por ampliación de prazo extraordinario, por obras de ampliación da nave da concesión administrativa de ocupación da nave (12.46.EDF.003) e carro varadoiro, outorgada a Astilleros de Aguiño, S.L. no porto de Aguiño (código: 12-46-05-C-1).

Está en trámite unha modificación substancial por ampliación de prazo extraordinario da concesión administrativa outorgada a Astilleros de Aguiño, S.L. para a ocupación da nave 12.46.EDF.003 e carro varadoiro, titularidade de Portos de Galicia, de acordo coa resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 5.10.2022 e segundo a confrontación do proxecto básico Modificado para a ampliación de nave no porto de Aguiño, asinado o 5 de abril de 2023 pola arquitecta Sonia García González, co­lexiada número 4625

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de de­cembro, de portos de Galicia (DOG número 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alega­cións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

 

A Coruña, 20 de maio de 2024

 

Lorena Solana Barjacoba

Xefatura da Zona Centro

 

 

 

Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: