Publicador de contidos
PORTOS DE GALICIA OUTORGA Á CONFRARÍA DE BUEU A CONCESIÓN DA LONXA CON BONIFICACIÓN DO 90% DAS TAXAS
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2025.- Portos de Galicia vén de outorgar unha autorización administrativa a favor da Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu, na provincia de Pontevedra, para a ocupación e xestión da lonxa da localidade, de titularidade do ente público. O edifico conta con espazo destinado a oficinas, almacén, sala de máquinas, aseos e fábrica de xeo. A autorización contempla un período de vixencia de 30 anos, que poderá ampliarse por 15 anos máis.
O título administrativo contemplará a aplicación da Lei de Taxas de Portos de Galicia que recolle a bonificación do 90% das taxas por construción ou explotación de fábricas de xeo ou lonxas con cámaras de frío. Por este motivo, a confraría aboará 3.699,44 euros anuais polo uso dos 1.978 m2 de superficie da instalación.